Violeta

O primeiro truco da miña vida fíxeno ao nacer. Da chistera de miña nai saín eu, unha nena regordeta e morna, cando o que se esperaba de min era que nacera home. Porque si, eu nacín maga. Pero meu pai non pensaba o mesmo. Despois do desgusto do meu xénero o que menos lle apetecía … Sigue leyendo Violeta

Oito séculos, oito artistas

Colaboración co conto "A dama da vila dos cabaleiros" na exposición colectiva "Oito séculos, oito artistas" de pintura, escultura, obra gráfica e fotografía organizada polo Concello de Betanzos na Sala de Exposicións Jesús Núñez (Edificio Arquivo) dende o 4 ao 30 de xullo de 2019.

…dez

  Fotografía de Plácido L. Rodríguez   Contou ata dez porque así era o xogo, só ata dez. Dous, tres, catro… sete, oito, nove e… dez. Vou! Vou xa! e ao despegar as mans da cara atopou aquela nena á que lle estaban a medrar dabondo as pernas, tanto que parecía pendurada dun guindastre, pero … Sigue leyendo …dez

Esquecín dicirche adeus…así que adeus.

Manual de instrucións Introdución: O libro “Esquecín dicirche adeus…así que adeus”   é o texto escrito en galego e publicado da comedia “Olvidé decirte adiós…así que adiós” que se está a representar en Madrid na sala La escalera de Jacob por parte da compañía Estamos en Ello. Dita obra ten a funcionalidade de obra única, permitindo … Sigue leyendo Esquecín dicirche adeus…así que adeus.